O procedemento de "rexistro de unións civís" regula a formalización e inscrición no correspondente rexistro das unións estables constituídas por persoas de distinto ou do mesmo sexo e as familias derivadas destas, así como as modificacións e remate da devandita unión, calquera que sexa a causa.
Persoas físicas que desexen formalizar unha unión de carácter estable. Polo menos unha das persoas deberá estar empadroada no municipio en que se desexe rexistrar a unión.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Inicar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Nome: Rexistro de unións civís.
Unidade tramitadora: Rexistro Civil.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física.
Carácter silencio administrativo: Silencio Positivo.
Taxas/Impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.