O procedemento de "solicitude de certificado de empadroamento" regula a concesión, por parte do Concello, do certificado acreditativo dos datos persoais e domicilio, segundo constan no padrón de habitantes do municipio.
A persoa que solicita poderá escoller o tipo de certificado que necesita, segundo a seguinte clasificación:
Se se actúa en nome propio, e a situación padronal o permite, o Certificado Individual, o Certificado Histórico e o Certificado Negativo Individual xéranse de forma automática tras a solicitude polo que poden descargarse no momento. Noutro caso, a súa solicitude darase de alta e o certificado será tramitado posteriormente polo concello.
Os certificados colectivos, en cambio, serán sempre tramitados polo Concello como calquera outra solicitude telemática.
Para solicitar o Certificado de Empadroamento dun menor que careza de Documento Nacional de Identidade, deberá utilizar a Solicitude Xeral e explicar esta circunstancia no EXPOSICIÓN/SOLICITUDE.
Calquera persoa física que desexe obter un certificado de empadroamento.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Nome: Solicitude de certificado de empadroamento.
Unidade tramitadora: Secretaría.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física.
Taxas/Impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.