Sede electrónica Concello de Curtis

08:33:34 Sábado 20 de abril 2019
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida

O procedemento "solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida" ten como obxecto facilitarlles a tarxeta de estacionamento aos veciños ou veciñas do municipio con graves problemas de mobilidade, como documento acreditativo da súa situación, con carácter persoal e intransferible, coa finalidade de favorecer o uso dos transportes privados e para que o seu titular poida gozar das facilidades de estacionamento relacionadas con ela.

Persoas físicas que, atopándose legalmente en situación de mobilidade reducida/discapacidade, e estando empadroadas no municipio, desexen solicitar unha tarxeta de estacionamento e accesibilidade.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de tarxeta de accesibilidade e estacionamento para persoas con mobilidade reducida.
  • Fotocopia do DNI do solicitante.
  • 2 fotografías do solicitante.
  • Certificado de discapacidade. Certificado emitido polos equipos de valoración (EVO) da Xunta de Galicia, ou polos doutras comunidades autónomas, indicando o grao de discapacidade e acreditando que non pode utilizar transportes públicos.
  • Certificado de empadroamento. Certificado acreditativo de estar empadroado no municipio no cal se solicita a tarxeta.
  • Permiso de condución (en caso de tarxeta de estacionamento). Copia do permiso de conducir da persoa discapacitada, ou da persoa ou persoas que vaian conducir habitualmente o vehículo se a persoa discapacitada non puidese.

Nome: Solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.

Unidade tramitadora:
Servizos Sociais.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.