Sede electrónica Concello de Curtis

08:33:45 Sábado 20 de abril 2019
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude do servizo de axuda a domicilio

O procedemento "servizo de axuda a domicilio" pretende xestionar a demanda dun conxunto de atencións, dende unha perspectiva integral e nomalizadora, de toda a poboación do municipio, na casa, naquelas situacións en que a autonomía persoal se vexa limitada, ou naqueles casos de desintegración familiar. En xeral, persegue xestionar o servizo de axuda a domicilio proporcionado polo Concello.

Calquera persoa física ou xurídica que desexe solicitar o servizo de axuda a domicilio.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de axuda a domicilio.
  • Fotocopia do DNI da persoa beneficiaria do servizo e das persoas que convivan no mesmo domicilio, de ser o caso.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria da persoa solicitante.
  • Certificado de Empadroamento e convivencia. Certificado de empadroamento, onde consten todas as persoas que figuran empadroadas dentro de una mesma unidade familiar.
  • Informe médico ou clínico sobre o seu estado de saúde.
  • Certificado de discapacidade e/ou Certificado de Grao e Nivel de Dependencia (acceso a persoas valoradas dependentes), de ser o caso.
  • Xustificante de ingresos de todas as persoas que forman a unidade de convivencia.
  • Fotocopia da última declaración da renda ou na súa falta certificado de imputacións do IRPF expedido pola Axencia Tributaria.
  • Certificado de todos os ingresos procedentes de salarios, pensións e subsidios e outros bens que posúan.
  • Xustificante de aluguer de vivenda, de ser o caso.
  • Calquera outra documentación que sexa requirida polo Traballador/a Social para valorar o seu expediente.

Nome: Solicitude do servizo de axuda a domicilio.

Unidade tramitadora:
Servizos Sociais.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición e/ou contencioso administrativo.

Taxas/Impostos:
Consultar a ordenanza municipal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.