Sede electrónica Concello de Curtis

08:15:42 Sábado 20 de abril 2019
Estás en:

Detalle trámite

Presentación recursos administrativos

O procedemento "presentación de recursos administrativos" permite ao cidadán recorrer contra os actos administrativos ditados polo Concello en calquera materia, sempre que se faga cumprindo as condicións e nos prazos que marca a lexislación vixente.

Calquera persoa física ou xurídica que desexe presentar un recurso administrativo.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se o interesado non utiliza a vía telemática poderá descargar o impreso ou impresos dende esta paxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de presentación de recursos administrativos.
  • Instancia xeral na que se inclúa o texto do recurso, ou calquera escrito que conteña o recurso.

Nome: Presentación de recursos administrativos.

Inicio do procedemento: A Instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou jurídica.

Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.

Recurso aplicable: Recurso extraordinario de revisión (segundo supostos) / Contencioso - administrativo.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.